A Disonante Cultural
Dende 2019
A Disonante Cultural S.coop Galega pretende ser un referente no eido da cooperación cultural en xeral e da cooperación nas artes escénicas en particular.
A pretensión é levar a relación artista-público máis alo da que se establece de cotio, esto é, nun momento e nun espazo determinado.
O espazo cooperativo é a chave do proxecto e por tanto A Disonante Cultural será unha Cooperativa formada por: Artistas/Creadorxs, Programadorxs/Exhidorxs e Público colaborador, que conectarán a oferta coa demanda para pasar da idea a escena de forma directa e colaborativa, xa que os proxectos/creacións xurdiran da forza da cooperación.
A idea de A Disonante Cultural, con pretensións altamente dixitais, é unha oportunidade de compartir proxectos/creacions, de texer redes de colaboración artísticas multiculturais, de relacionarse directamente con persoas con experiencia e de buscar axuda dentro do colectivo de cooperantes, pero tamén de dar unha oportunidade a moitas persoas para crecer e formarse no eido da cultura e achegar ao publico en xeral o proceso creativo e cultural das artes escénicas… dando así a oportunidade ao conxunto da sociedade e os seus colectivos de transformarse a través da cultura en xeral e das artes escénicas en particular.
A cooperativa é un servicio é un producto ao mesmo tempo, un servicio e un producto colectivo para atender a sociedade no eido cultural o traves dos seus cooperativistas.
L&P
misión
visión
valores
- Paixón Cultural: Apasionanos a música e a cultura galega e universal, e traballamos con dedicación para preservar e promover esta herdanza.
- Colaboración: Fomentamos a colaboración entre artistas, membros da cooperativa e a comunidade en xeral, creando un entorno enriquecedor para todos.
- Excelencia: Buscamos a excelencia en todo o que facemos, desde a promoción de artistas locais ata a organización de eventos culturais de alta calidade.
- Sostibilidade: Comprometémonos a ser sostibles nas nosas operacións e a contribuír ao desenvolvemento sostible da nosa comunidade.
- Innovación: Abrazamos a innovación na promoción da cultura, explorando novas formas de difusión da música e a cultura galega e universal.
- Inclusión: Valoramos a diversidade e a inclusión, promovendo a participación de todas as voces e culturas na nosa cooperativa.