A Disonante Cultural

Dende 2019

A Disonante Cultural S.coop Galega pretende ser un referente no eido da cooperación cultural en xeral e da cooperación nas artes escénicas en particular.

A pretensión é levar a relación artista-público máis alo da que se establece de cotio, esto é, nun momento e nun espazo determinado.

O espazo cooperativo é a chave do proxecto e por tanto A Disonante Cultural será unha Cooperativa formada por: Artistas/Creadorxs, Programadorxs/Exhidorxs e Público colaborador, que conectarán a oferta coa demanda para pasar da idea a escena de forma directa e colaborativa, xa que os proxectos/creacións xurdiran da forza da cooperación.

A idea de A Disonante Cultural, con pretensións altamente dixitais, é unha oportunidade de compartir proxectos/creacions, de texer redes de colaboración artísticas multiculturais, de relacionarse directamente con persoas con experiencia e de buscar axuda dentro do colectivo de cooperantes, pero tamén de dar unha oportunidade a moitas persoas para crecer e formarse no eido da cultura e achegar ao publico en xeral o proceso creativo e cultural das artes escénicas… dando así a oportunidade ao conxunto da sociedade e os seus colectivos de transformarse a través da cultura en xeral e das artes escénicas en particular.

A cooperativa é un servicio é un producto ao mesmo tempo, un servicio e un producto colectivo para atender a sociedade no eido cultural o traves dos seus cooperativistas.

L&P

misión

Promover e preservar a rica herencia musical e cultural de Galicia, así como contribuír á difusión da cultura universal a través da colaboración e a cooperación. Buscamos crear un espazo onde os artistas locais teñan a oportunidade de desenvolverse e compartir o seu talento, ao tempo que fomentamos a apreciación da diversidade cultural na nosa comunidade.

visión

Ser un referente na promoción da música e a cultura galega, tanto a nivel local como internacional. Queremos ser recoñecidos polo noso compromiso coa excelencia artística e cultural, así como por ser un motor de desenvolvemento sostible na nosa rexión. Buscamos ser unha cooperativa que inspire a outros a unirse á nosa causa e a colaborar na preservación e promoción da cultura.

valores