Coñece algúns xeitos de tanxer distintos instrumentos de percusión de man para acompañamento, xunto a os primeiros toques básicos para acompañar ritmos da nosa música tradicional galega: xotas, muiñeiras, pasodobres, valses…
Sobre este curso:
Terás ó teu dispor gratuitamente 12 aulas, cunha duración total de 3h. 20min.
Estes 12 vídeos son recortes dun curso que impartín entre abril e xullo do 2020, curso online dirixido a persoas de centros galegos do exterior e patrocinado pola secretaría de emigración da Xunta de Galicia.
Poderás aprender algúns toques de iniciación para acompañamento de xotas, muiñeiras, pasodobres tocados con pandeireta, cunchas, botella de anís, pandeiro, pandeira, culleres, tixola, lata ou castañolas.
O que aprenderás:
1. Aula de presentación de pandeireta cos primeiros exercícios.
2 Aula de riscado.
3 Aula de xotas.
4 Aula de muiñeira.
5 Aula de cunchas e botella de anís.
6 Aula de pandeiro.
7 Aula de pandeira.
8 Aula de culleres, morteiro e tarrañolas.
9 Aula de tixola.
10 Aula de lata.
11 Aula de castañolas e pitos.